Friday 03 de May de 2024

Festival de Nadal das escolas deportivas infantís este mércores na pista deportiva do Roxal


A cita arrancará ás 16:30 horas, e incluirá unha sesión de zumba aberta para toda a cidadanía que desexe participar

O Concello de Neda organiza este mércores 21 de decembro o Festival de Nadal das escolas deportivas infantís do municipio.

Unha cita que arrancará ás 16:30 horas na pista deportiva do Roxal, e na que tomarán parte os alumnos e alumnas das clases de baile moderno, patinaxe e tamén do grupo de fútbol do club local, a SD Rápido de Neda. Todos eles e elas amosarán ao público as súas habilidades e coñecementos adquiridos ao longo deste primeiro trimestre do curso.

Ademais, entre unha e outra exhibición, sobre as 17:00 horas, celebrarase unha sesión e zumba para todos, na que poderán participar nenos e maiores que así o desexen.

Na cita, colaboran a asociación de veciños e a SCD do Roxal e a SD Neda.